Amsterdam still and footage

No pasado mes de agosto estiven uns días por Ámsterdam. Levei a miña Fujifilm X-T4 e un obxetivo que acababa de mercar recentemente, o Fujinon XF 27mm F2.8 R WR. Un obxetivo pancake de Fujinon que ten un tamaño extraordinariamente pequeno, así que é ideal para sacar fotos pola rúa sen chamar demasiado á atención e para cargar con el e coa cámara durante todo o día. A compra foi tan recente que nin o estrenara antes de chegar Ámsterdam.

Intentei gravar algunha pequena toma de video, pero o certo é que de momento non son moi destro niso así que a maioría do tempo que pasei coa cámara na man adiqueino a sacar fotografías.

Uns días despois de volver, co mellor material conseguir montar o pequeno vídeo que preside este post. Aínda que mesturo fotografía con vídeo, a primeira é o que mais abunda e, como curiosidade, o sonido do obturador que se escoita cada vez que cambia unha imaxe é o sonido real da cámara coa que se sacou gravado por min mesmo.