Acerca deste sitio web

O obxetivo deste sitio web é amosar cousas que vou facendo ou publicar algúns contidos dos temas que me interesan.

Durante anos tiven algunhas webs separadas polos distintos roles que adopto, pero resultaba non ser moi cómodo de xestionar e quedaban inertes co tempo. Ademáis, por deformación profesional estou continuamente construíndo, destruíndo e reconstruíndo varias das webs e aplicacións que teño en vez de pasar tempo creando contidos nelas. A ver se tendo todo só nunha realmente lle adico tempo ao demáis.

Xa sei que a quen lle interese o Iván programador pode non interesarlle o Iván fotógrafo, pero o certo é que é o mesmo Iván e unha faceta inflúe inexorablemente nas demáis, así que sendo un sitio web persoal igual sí ten un pouco de sentido que sexa só un. De todas formas, intentarei que esté medianamente ordenada para que atopes o que queres buscar.

De momento aínda está algo verde pero ireina mellorando e ireille optimizando partes e seccións e, en canto teña algo de tempo, crearei una categorización por taxonomías para os posts do blog para que sexa sinxelo consultar só os que che interesen.

Á parte do blog tamén lle dei unhas cantas voltas. Teño a pequena, e se cadra utópica, idea de que esta web sirva en parte para publicar o contido que fai anos publicaba en redes sociais sen ter en mente nese momento as partes malas que agora lle estamos atopando. Nas outras webs que tiña a veces publicaba algún artigo moito máis extenso e traballado, e outras veces pequenas notas. Busquei sempre como separar e diferenciar esto. Durante unha época tiven unha sección chamada Notas, e outra de Artigos. É sinxelo de entender a diferencia, pero non en todos os textos é sinxelo decidir a qué sección acababa indo e, ademáis, polo simple feito de metelo nunha sección ou na outra decateime de que xa me forzaba a escribir demáis ou de menos. Para esta nova web empecei plantexando unha sección chamada Status, que evocaba aos tweets da plataforma Twitter, e serviría para publicar pequenos contidos, pero tampouco me acababa de encaixar para os textos longos así que finalmente deixei de dar voltas inútiles e chameille simplemente Blog. Xa veremos como progresa.

De momento a web só está en galego, pero é posible que a intente traduccir a Inglés e a Castelán. O laborioso aquí son os posts do blog que, se se crea contido de forma recursiva, escribir todo nos tres idiomas é, literalmente, un aburrimento. Pero hoxe en día temos ferramentas de Intelixencia Artifical que fan esta labor magníficamente así que, de facelo, fareino coa súa axuda.

Sobre a tecnoloxía que hay detrás desta web, actualmente está construída con un framework chamado Astro. Desfruto moito do traballo artesanal que nos permiten certas ferramentas que existen hoxe en día para crear webs, coma esta.

Detrás desta web tamén hai unha pequena parte nostálxica, pois hoxe en día co dominio absoluto das redes sociais no consumo de internet parece que se desvirtuou o espíritu primixénio da web, ese espíritu aberto onde se buscaba compartir, aprender, colaborar, descubrir, facer as cousas sinxelas, etc. Así que un pouco de eso hai aquí. Un pouco de desencanto co monopolio dos algoritmos. Un pouco de volver ás orixes. Un pouco de rebeldía.

Por suposto, poderás consultar as actualizacións do blog mediante un feed RSS, pero aínda non está dispoñible na data de publicación deste post.