Información:

  • Distancia: 16Km
  • Tempo: 4h aprox.
  • Dificultade: Media-Baixa

Descripción:

Ruta circular que une varios puntos de interese, algúns deles moi relevantes, das parroquias de Portomouro e de Portomeiro transcorrendo en gran parte por bosques de ribeira ao carón do río Tambre. Toda a ruta pasa por camiños sinxelos sen dificultades técnicas. Non está sinalizada.

Importante: Esta ruta atópase aínda nunha fase de definición polo que pode sufrir algún pequeno cambio se atopo algunha mellora movéndoa por un novo sendeiro ou engadindo algún novo punto de interese. Ideas e opinión son moi benvidas.

A saída e chegada está situada na zona do colexio de Portomouro onde hai sitio para aparcar e queda preto do supermercado do bar e do restaruante.

Próximamente engadirei mais información de todos os puntos de interese.