A compra de Twitter por parte de Elon Musk provocou un terremoto na plataforma.

Descoñezo se ésta sobrevivirá, pero penso que a alternativa non é Mastodon, nin Tumblr, nin TikTok nin ningunha outra rede social alternativa. A alternativa son os blogs. Os diarios dixitais. A publicación de notas. Os sitios webs persoais. O RSS. O contido real e de valor, e non o engagement ou a viralidade. Incluso as listas de correo electrónico, se queres algo privado.

En definitiva, a alternativa é a web.