The Mandalorian

KathrineSwitzer The Child en The Mandalorian

Nas vacacións de Nadal vin a serie The Mandalorian e despois de ver as películas de Star Wars feitas por Disney a verdade é que tiña poucas esperanzas postas nesta serie, pero nada máis lonxe da realidade: pareceume realmente boa.

A serie de 8 capítulos de momento só está dispoñible na plataforma de Disney+ nos EEUU (Chega en Marzo a España). Xa se anunciou que haberá 2º tempada.

Esperábame algo que simplemente aproveitase a marca Star Wars, pero nada de iso, é unha serie con unha trama totalmente nova pero moi integrada en todo o universo de Star Wars que xa coñecemos. Non quero facer spoilers, pero temos ao Imperio, Jedis, Tattoine, etc… E por certo, The Mandalorian non é Boba Fett, éste simplemente era una mandaloriano máis.

A maior sorpresa é que pareceu unha serie un tanto oscura e sobretodo dirixida a un público adulto, nada que ver coas películas.

Para situarnos, entre a fin da 1ª triloxía (Imperio) e a 3º triloxía (1ª Orden) pasan 30 anos. A serie está situada 5 anos despois do fin da 1ª triloxía, con unha recén estreada República onde non todo é maravilloso e un Imperio que se resiste a desaparecer, mafias, cazarecompensas, etc.

Na serie afondamos sobre qué son os Mandalorianos, unha especie de clan segredo de guerreiros de élite ao máis puro estilo Assassin’s Creed que xa me parecen, cando menos, tan interesantes como os Jedi, e tamén nos presentan unha trama principal con The Child (Ou Baby Yoda, como xa se está facendo mundialmente coñecido) como eixo principal que, sinto facervos aquí un spoiler, pero non se pecha en nin por asomo ao remate da 1º tempada.

O dito, recoméndovos moito que a vexades e esperemos que Disney siga por este camiño.