Rafael Gómez Nieto

Hoxe faleceu Rafael Gómez Nieto (99) en Estrasburgo a causa do COVID-19. Rafael era o último supervivinte da 9ª Compañía da División Leclerc, máis coñecida como La Nueve.

Os integrantes desta épica compañía republicana quedaron sen patria o día que finalizou a guerra civil en España e tiveron que exiliarse, pero decidiron facelo adicándose ao que mellor sabían facer: enfrontar o fascismo alá onde fose preciso.

E así o fixeron en lugares como España, África, Francia e Alemaña gañando unha gran fama entre todos os Aliados. E terrible entre os Nazis.

Unha fama que os sitúa o 24 de agosto do 1944 ás portas de unha París ocupada polos fascistas. París, o gran símbolo de Europa nese momento. Os Aliados dispúñanse a recuperala, e para iso encomendáronlle a tarefa aos mellores combatentes que tiñan: os republicanos españois. La Nueve liderou o ataque.

Os primeiros tanques en entrar en París tiñan nomes como Guadalajara, Ebro, Brunete, Belchite ou Guernica, este último conducido polo propio Rafael, e todos eles baixo a bandeira republicana española. Bandeira que se colguou por uns momentos no edificio do concello de París.

La Nueve despois de entrar en París

A Libération de Paris é sen dúbida un dos eventos históricos máis importantes do século XX, pois foi o derribo da primeira carta que conlevou toda a caída do castelo de naipes Nazi.

Por se non fose pouco, Rafael participou tamén tempo despois no Asalto ao Nido da Águia, unha incursión nos Alpes para asaltar o búnker do mesmísimo Adolf Hitler, e non só participou, senón que lle roubou ao caudillo alemán un xogo de té de prata e unha cámara de fotos que conservou durante anos.

En Francia, todos os integrantes recibiron as maiores honras que pode recibir un militar francés, e todos os anos se lle realiza unha homenaxe.

En España nunca se lle fixo tal homenaxe a La Nueve, non aparece nos libros de historia nos colexios nin sequera moita xente sabe da súa existencia.

Agora xa non se lle fará ningunha homenaxe en vida, pero faremos o posible para que non se olvide a súa historia. Se non fose por Rafael e os seus camaradas, pode que hoxe Europa fose algo moi distinto do que é.

Un zapateiro antifascista de Almería que chegou a conducir un dos tanques que liberou París dos Nazis.

Que a terra lle sexa leve.

Rafael Gómez Nieto

Hai un libro moi bo de Evelyn Mesquida que nos conta todo o que foi La Nueve.

Máis ligazóns