Presentación preliminar dos resultados da escavación no Castelo de Portomeiro 2020

O vindeiro mércores 16 de decembro ás 20:00 vaise celebrar no colexio de Portomouro (Val do Dubra) a presentación preliminar dos resultados da escavación que tivo lugar no Castelo de Portomeiro a comezos deste verán.

Neste acto, o equipo encargado da escavación vainos explicar todas as súas pesquisas e descubrimentos ao redor do xacemento arqueolóxico de Portomeiro.

A intención inicial era celebralo na propia aldea de Portomeiro, pero despois de ir retrasando o acto varias veces por mor da pandemia decidiuse levalo a cabo no ximnasio do colexio de Portomouro pola súa grande amplitude a e facilidade para manter unha boa ventilación e distanzas de seguridade óptimas.

Estades todas e todos convidados.

Cartaz

Aquí tendes a localización exacta.


Ver mapa máis grande