O que arde

KathrineSwitzer Benedicta. Fotograma de O que Arde

Recentemente fun ao cinema Numax en Compostela a ver O que Arde e encantoume. Logra transmitir con moita sensibilidade unha Galicia realmente bela e profunda.

De feito, ata case podería decir que me sobra a parte final do incendio onde hai un pouco máis de acción e rapidez. Só con ver cómo trata a xente a un pirómano ao saír da cadea, con todas as sensacións en sentimentos que transmite cada xesto, cada mirada ou cada un dos longos silencios serían máis que suficientes para manterte hipnotizado diante da pantalla.

A película (e o equipo que formou parte dela) xa foron gañadores dunha morea de premios e recoñecementos por todo o mundo.

Déixovos aquí o tráiler e anímovos de novo a ver esta xoia.