Nunca Máis… ata o ano que vén

Outra vez o lume arrasa co ben máis prezado que temos en Galiza. Outra vez é completamente intencionado. Outra vez as políticas de prevención son nulas ou insuficientes. Outra vez se nos parte a alma vendo arder o noso monte, e gritamos que #NuncaMáis. Outra vez, e xa van…

Igual é demasiado sinxelo ser pesimista despois dunha gran catástrofe natural como a que estamos a vivir estes días en Galiza, aínda que por outra banda aquí xa pouco nos tiña que sorprender, ao fin e ao cabo, é máis ou menos o de tódolos anos.

Ben é certo que cando hai mortos e tanto perigo en aldeas e cidades a relevancia e a dor multiplícanse, pero calquera incendio faille sentir a un galego unha profunda e lúgubre tristeza.

Nestes días, en calquera charla con outra persoa todos aseguramos saber perfectamente cal é a causa desta barbarie que nos asola ano tras ano. Todos temos a nosa teoría, e disparamos cañonazos contra todo o que se menea: Se o político de turno non é do partido que votamos nós, a culpa é do político. Se deteñen a un brigadista, a culpa é dos brigadistas; e así indefinidamente.

A miña non é máis ca unha simple opinión desas, pero a min paréceme moi complicado que semellantes desatres naturais ano tras ano teñan somentes un culpable. Igual todos temos parte de culpa.

Os altos cargos políticos nen están nen se esperan. As leis de prevencións son pouco menos que anecdóticas e propaganda electoral. Tódolos comezos de verán anuncianse medidas anti-incendios «sen precedentes», e ao final tódolos anos temos o mesmo resultado. O grave é que Galiza é a rexión de Europa que máis presuposoto adica á loita contra os lumes: 170 millóns de €. Pois eu non entendo en absoluto onde se invirten eses cartos ( Ademáis de en facer paripés diante da conselleira ). As labores de limpeza e prevención son nulas, e as labores de extinción a cotío insuficientes e desorganizadas. Recentemente, os sindicatos de bombeiros comezaron a esixir a dimisión da concelleira de Medio Rural porque cren que é «Vergonzosa a xestión da Xunta de Galicia. Hai menos efectivos dos que din e son insuficientes» e piden tamén que se lle conte á cidadanía ás millonadas que se lle pagan cada ano a empresas privadas.

Pero en realidade, tamén seríamos un pouco hipócritas se de verdade dixésemos que esperabamos algo mellor deles, así coma se dixésemos que son eles os únicos responsables, pois en Asturias e en Portugal tamén ardeu, con gobernos distintos (aínda que descoñezo se igual de ineficaces).

As grandes empresas directamente relacionadas co sector forestal tamén teñen o seu. A madeira queimada véndese. Ademáis, como está queimada hai que vendela sí ou sí, e a prezo de saldo. Eu vin a tratantes de madeira ir á casa persoas ás que tan só facía uns días que lles ardera algunha finca de monte. De varios que foron, algún ata sabía xa que fincas tiña o da casa e cantas hectáreas lle arderan. Eu non son quén para decir que estas empresas están interesadas ou non en que o monte arda, pero sí creo que estas empresas son a grandes beneficiadas dos incendios, e se digo a verdade, esto é o que peor me cheira de todo o asunto.

Fai uns días enterámonos de que 6 das principais empresas do sector da prevención de incendios en España pactaran en segredo prezos 3 veces por riba do normal para estafar a Portugal nas súas labores de prevención. En Portugal este ano morreron máis de 100 persoas por mor dos incendios. Sobran as palabras.

Viñeta de Luís Davila sobre os lumes en Galiza

Fig. 1. Viñeta de Luís Davila sobre os lumes en Galiza

Directamente relacionado co anterior están os incendiarios en sí. Case sempre seguen un patrón tipo: o máis díscolo e incivilizado da aldea, que ten mala ou nula relación cos veciños e con poucos recursos económicos. A esta xente páganlles por prender o lume (algúns aseguran incluso que as cantidades poden ir relacionadas cos resultados). O díficil da cuestión é saber quen. Aquí os fíos que moven estas marionetas soen ser imposibles de seguir ata moi arriba.

Tamén temos visto todos algún caso no que o pirómano é un dos propios brigadistas, e xa non se dubida en apuntar a ese colectivo tamén. Eu creo que é importante recordar que tanto brigadistas, bombeiros, forzas de seguridade, etc. xóganse a vida en cada incendio polo noso monte e pola nosa xente. Imaxino que a actitude destes fronte á falta de medios e á desorganización completa debe de ser aínda máis indignada que a nosa. No recente incendio en Chadebrito (Nigrán), un dos puntos máis infernáis da pasada vaga de lumes, un policía asegura que se viron sobrepasados completamente e que algúns compañeiros chegaron a chamar á familia para despedirse e a sacar a pistola para pegarse un tiro antes de morrer ardidos.

Por últimos tamén estamos o pobo, que sentimos tanta rabia e tanta dor con cada incendio. O problema é que pasan 2 meses, temos que ir plantar un leira… e ahí xa se nos olvida por completo toda a rabia e toda a dor, esvaéce totalmente o amor que aseguramos ter pola nosa terra, e plantamos a nosa empinada leira con eucaliptos. Non nos tembla o pulso o máis mínimo. Como se escoita tantas veces: «Eh, se non lle planto eucaliptos, ¿qué rendemento lle saco eu ó monte?» Pois o rendemento que lle sacamos ó eucalipto vímolo estes días, e vémolo tódolos anos (E sí, ENCE tamén o vé tódolos anos). Tamén hai que decir que ata fai pouco era por descoñecemento, pois ninguén nos avisou do mal que éstes fan na nosa terra. Está máis que demostrado e advertido que o Eucalipto é gasolina pura para os incendios, ademáis do dano que fai no noso ecosistema xa de por sí. Creo que un dos pasos máis importantes que podemos e debemos dar todas e todos é facer o noso monte realmente noso, sen especies invasoras, e escoller así cómo queremos que sexa Galiza.

Déixovos aquí o Manifesto STOP Eucalipto firmado por moitísimas asociacións galegas por se queredes obter máis información sobre o dano que fai esta especie invasora. Se hai algo que nos une completamente ó 100% dos galegos, independentemente de idades, ideoloxías ou procedencias, é o amor que sentimos pola nosa terra e o que ésta representa nas nosas vidas. En cada desastre que sufrimos demostrámolo unha e outra vez. O domingo a propia xente non dubidou en saír a loitar contra o lume para salvar o seu, o do veciño, o noso. O luns miles de persoas saíron á rua manifestarse en contra do terrorismo medioambiental que sufrimos. Fagamos que ese amor dure os 365 días do ano, e que os lumes deixen de ser o mesmo tódolos anos.

Déixovos aquí algún artigo interesante que lin estes días: