Nós Diario

Hoxe comeza a publicarse Nós Diario tanto en papel como en dixital despois de 2 anos de traballo. Faino buscando ser un medio plural galego forte, e moi necesario, engadiría eu. Publicaráse de martes a sábado, incluíndo este último día o semanario Sermos Galiza.

O Diario Nós busca un periodismo crítico e libre, e sustentase só das aportacións dos subscritores.

Segundo eles, tratarán tags que se botan en falta na axenda mediática da Galiza como a cultura, o traballo, os feminismos, a lingua, a diáspora, os dereitos civís, a historia, a memoria e o ecoloxismo. Un diario dirixido a un público de pensamento aberto, actual e implicado, que non ve reflectidas na prensa convencional as súas ideas de avance social.

Neste artigo tendes máis información do proxecto: Nós Diario: o soño que virou nunha realidade

Por certo, todo o diario está deseñado maravillosamente por un dos mellores deseñadores galegos, Pepe Barro.

Dende aquí mándolle azos e deséxolle un futuro prometedor. Aquí teñen un subscriptor dende o primeiro día. 💙