Kathrine Switzer

Ano 1967. Boston era xa daquela unha cidade de referancia no que se refería ó atletismo popular, e máis concretamente na proba raíña do atletismo: a maratón.

Pero hai tan só 50 anos o mundo das maratóns era moi distinto a como o coñecemos hoxe en día. Tan distinto, coma que por lei só podían correlas deportistas varóns.

Antes de contar a proeza de “Kathy”, repasaremos un pouco a historia.

Como algúns saberedes, a maratón está inspirada no mito da fazaña do soldado grego Fidípedes cando, durante a batalla de Marathon (490 a. C.) percorreu unha distancia de uns37 Km. correndo dende Marathon ata Atenas para anunciar a victoria sobre os persas. E digo mito, porque parece ser que a realidade é que percorreu 213 Km. dende Atenas ata Esparta para pedir reforzos. A verdade é que distintos historiadores antigos narran a mesma historia con protagonistas, localizacións e motivacións diversas, pero o que nos importa é que o que pasou á historia con máis forza é o mito de Fidípedes e a súa carreira entre Marathon e Atenas.

Inspirado neste mito, nos xogos olímpicos de Atenas de 1896 inclúese por primeira vez a proba da maratón, eso sí, só para a categoría masculina.

Un ano despois, en 1897, celébrase a 1ª maratón de Boston. Dende ese día ata hoxe celebrouse tódolos anos ininterrumpidamente, sendo hoxe en día a maratón máis famosa do mundo, e a maratón máis antiga celebrada de forma continua.

Pero volvemos agora a 50 anos atrás dos nosos días. A protagonista desta historia, Kathrine Virginia Switzer, de 19 anos, nacida en Alemaña e nacionalizada estadounidense, era afeccionada ao atletismo dende pequena. Participaba en probas que hoxe serían de media distancia. Ela víase capacitada para correr máis distancia, pero nesta época considerábase que unha muller era totalmente incapaz de correr unha maratón. Era inpensable.

Kathy estudaba xornalismo na universidade de Siracusa e comezou a adestrar de xeito extraoficial co equipo masculino de atletismo, pois non existía equipo feminino. Alí coñeceu ao seu adestrador Arnie Briggs. Éste estaba contento de que unha muller se animase a practicar o atletismo, e contoulle historias das 15 maratóns de Boston que el correra.

Cando Kathy lle comentou ao seu adestrador Arnie que quería correr unha maratón, éste contestoulle: “Ningunha muller pode correr unha maratón“. Estas palabras doéronlle especialmente, e máis vindo de quen viñan, pois nin o seu adestrador pensaba que fose quen de facelo. Por fortuna, ela sí estaba convencida de que podía conseguilo, así que conseguiu convencelo de que lle axudase a adestrar para a maratón. “Se realmente algunha muller pode facelo, tí podes facelo” admitiu Arnie.

Cabe destacar o papel de Tom Miller, xogador de fútbol americano e mozo de Kathrine, pois nunha sociedade tan machista como a da época, el tamén apoiou e animou a Kathy a conseguir o seu obxetivo.

Tres semanas antes da maratón, Kathrine xa corría os 42 Km. sen dificultade, pero agora estaba o maior problema: anotarse na carreira. Kathy, Arnie e Tom (estes dous últimos tamén ían correr a maratón) revisaron a normativa para asegurarse de que non cometían ningún delito, pero por fortuna, como se pensaba que a ningunha muller se lle ocorrería correr unha maratón, pois nen sequera se mencionaba ás mulleres na normativa, polo que técnicamente prohibido non estaba. Aínda así, sabían que ben visto non estaría e que terían problemas, así que decidiron anotarse coas iniciais da atleta, K.V. Switzer, e a inscripción foi aceptada. A Kathrine asignouselle o xa famoso dorsal 261.

Kathy asegura que o día previo á carreira estaba algo desmoralizada. Chamou a seus pais para contarlle o que era unha maratón, e que estaba en Boston para intentar correr a maratón máis famosa do mundo, e a resposta de seu pais foi: “Oh, vamos, ¡claro que podes facelo!, eres forte e entrenaches ben, ¡faralo xenial!”. Era exactamente o que Katherine precisaba escoitar.

E chegou o día da carreira, mércores 19 de Abril do 1967. Kathrine estaba especialmente nerviosa por se xurdía algún problema (por se non fose pouco o nervioso que pode estar un atleta ante a súa primeira maratón) pero todo foi acontecendo sen sobresaltos.

Xa na liña de saída, tódolos demáis corredores extrañábanse enormemente ao ver a unha muller alí, pero ela asegura que a maioría alegrábanse de que o intentase e dábanlle folgos (Algún ata lle pedíu consellos para convencer á súa muller para que correra).

E comezou a carreira, levaba un bo ritmo e todo ía xenial ata o quilómetro 3, cando escoitou uns zapatos correndo detrás dela e unha voz gritando “¡Fóra da miña carreira!”. Era Jock Semple, director da carreira.

Jock intentou agarrar a Kathy para arrincarlle o dorsal e expulsala da carreira, pero Kathy contou coa axuda de Arnie que se interpuxo entre ela e Jock; e de Tom, que placou e derribou a éste último e animou a Kathy a que seguira correndo decíndolle “corre como nunca”. Parece ser que houbo outros corredores que tamén se interpuxeron para axudar á atleta para que ésta poidese seguir correndo.

Foto histórica de Kathrine Switzer intentanto ser expulsada da maratón de Boston

Fig. 1. Foto histórica de Kathrine Switzer intentanto ser expulsada da maratón de Boston e o seu mozo Tom placando ó director da carreira

Creouse moito barullo ao redor, e dende ese momento ata o final as cámaras centráronse en todo momento en Kathrine, a muller que estaba a correr unha maratón. Ela continuou aterrada, pero consciente ao mesmo tempo de que, agora máis que nunca, debía rematar como fose e demostrarlle a todo o mundo que unha muller sí podía correr unha maratón.

Despois disto, Tom púxose nervioso e culpou a Kathy de que él golpease a un oficial, e de que poidese así perder a oportunidade de ir co equipo olímpico, e entón recriminouna, comezou a correr e afastouse dela. Esto fixo sentir fatal á nosa protagonista, que ata comezou a chorar en plena carreira polas palabras da súa (ex)parella, pero unha vez máis estaba o seu adestrador ao seu lado: “Déixao ir! Olvídao! Corre e sacúdeo!”.

E así o fixo. Pasadas 4 horas e 20 minutos Kathy atravesou a meta. Sabía que fixera algo importante, pero non era en absoluto consciente de que acababa de cambiar o deporte feminino para sempre.

Ela asegura que durante a carreira viu claro que quería adicar a súa vida a axudar ás mulleres a sentir a sensación de poder, forza e liberdade que ela estaba sentido. Dí que “comezou a carreira sendo unha nena, e rematouna sendo unha muller adulta“.

Á mañá seguinte, de camiño á casa, pararon nunha gasolinera a repostar e a tomar un café, e cando viu con asombro na prensa que saía en tódalas portadas foi cando se comezou a decatar da repercusión que tiña o que acababa de lograr. A historia xa cambiara para sempre.

Despois desta carreira, a AAU (Unión de Atletas Amateurs) decidiu prohibir expresamente a participación de mulleres en maratóns, pero a forza e unión que comezaron a amosar as atletas ante esta situación xa era imparable, e 5 anos máis tarde aceptouse, por fin, que as mulleres tamén poidese correr maratóns.

Por suposto, Kathrine seguiu correndo toda a súa vida. Chegou a gañar a maratón de Nova York (1974) e a quedar segunda na de Boston (1975).

Actualmente é -ademáis de atleta- escritora e organiza maratóns por todo o mundo. Este ano 2017, 50 anos despois daquel día, Kathrine Switzer (70 anos), volveu a rematar a maratón de Boston co dorsal 261.

Kathrine Switzer na maratón de Boston do 2017 co dorsal 261

Fig. 2. Kathrine Switzer na maratón de Boston do 2017 co dorsal 261

Katherine conta a súa historia con detalle nun artigo (en inglés) na súa páxina web.. Ademáis tamén ten publicada a súa biografía e podedes botarlle un ollo ao extraordinario especial que lle fixeron na revista Runner’s World hai 10 anos (en inglés), co motivo do 40 aniversario da súa primeira maratón: “A Muller que o comezou todo”.

Hoxen en día as mulleres poden desfrutar do deporte igual que os homes, pero por desgraza hai outros moitos aspectos no día a día nos que non somos tratados todos por igual. Todas ao longo da súa vida sofren discriminación só por ser mulleres. Xá dende pequenas. Moitas veces de forma tan asumida e aceptada, que nin nos decatamos de que se está a discriminar. Kathrine Switzer amosounos fai 50 anos o camiño paracambiar isto.