Intervención no Castelo de Portomeiro

De todo o patrimonio que temos en Val do Dubra, o Castelo de Portomeiro é sen dúbida dos que máis chama a miña atención. Dende fai anos, gústame pasar por alí ás veces cando saio a correr e ás veces incluso quedarme alí un longo tempo desfrutando do lugar e das privilexiadas vistas.

De sempre pensei que o único resto arqueolóxico visible era a muralla exterior e unha porta nun excepcional estado de conservación, como indicaban Manuel Gago e Xurxo Salgado neste video de fai uns 10 anos xa.

Uns anos atrás ardeu toda esa zona, o que provocou que desaparecese a capa vexetal do chan. Após pasar alí, como dixen, longos períodos observando o lugar, nunha das miñas visitas decateime de que de xeito moi tenue podíanse distinguir divisións de estructuras internas.

Son case imperceptibles, e maiormente só se vislubran se te colocas coa orientación correcta. De feito, a pesar de saber agora de esas estructuras, aínda nalgunha visita recente atopei algunha nova que non fora quén de ver antes.

Castelo de Portomeiro 1

Castelo de Portomeiro 2

(Recentemente, nalgún estudo que lin nomeábanse xa ditas estructuras internas)

Nunha visita que fixen por alí con Antón, veciño de Portomouro, vimos tamén algunhas pedras con distintas marcas nas zonas próximas. Moitas delas seguramente sexan marcas de canteiros, pero descoñezo se todas, pois é moi probábel que existan máis restos arqueolóxicos na contorna a pesares da actividade mineira no lugar.

O lugar ten unha situación privilexiada con unhas vistas espectaculares de todo o val do río Tambre.

Castelo de Portomeiro 3

A boa nova que quería compartir é que agora parece ser que un grupo da USC vai a realizar unha intervención no Castelo dentro dunha liña de investigacións sobre as fortificacións da Galicia altomedieval.

Na súa páxina de Facebook pódese atopar toda a información.

Cabe destacar que o antigo equipo de goberno do concello de Val do Dubra chegara a un acordo co propietario dos terreos para que o concello adquirise, e protexese, este importante enclave patrimonial, pero o novo goberno negouse en varias ocasións a facer afectiva a compra.

El Concello dubrés comprará el Castelo do Portomeiro para recuperarlo - La Voz de Galicia, 7 de Febreiro do 2019.

Non dubidedes e seguir a páxina de Facebook que teño de Portomouro, e sobretodo este blog, pois publicarei calquera nova que teña.

Máis info: