As Nosas

A comezos deste ano naceu As Nosas, un novo portal dixital galego que ten como obxetivo ser o xornal de referencia en información sobre deporte feminino.

Busca visivilizar o deporte feminino e facelo chegar a toda a poboación coa normalidade e protagonismo que se merece. E aínda que fará foco no deporte galego non se limitará só neste ámbito e tratarán tamén informacións internacionais.

Está dirixida pola xornalista galega Silvia Carregal e pertence ao grupo Ártabra Comunicación.

Podedes visitar o xornal en asnosas.gal e seguilas nas principais redes sociais para estar ao tanto de todo.