Alba De Gloria

A finais do 2018 estreouse en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) a exposición «Alba de Gloria. Unha Experiencia», comisariada por Manuel Gago.

Eu tiven o pracer de desfrutar no seu momento desta experiencia en 3D na que, con unhas lentes de realidade virtual, unha recreación do mesmísimo Castelao te convidaba a revivir o seu mítico discurso.

Alba de Gloria foi un discurso que Castelao pronunciou en Bos Aires o 25 de xullo do 1948 co gallo da celebración do Día de Galicia, e sendo xa el consciente que probablemente nunca máis volvese á súa terra. É considerada unha das maiores xoias de oratoria en lingua galega, e non é para menos.

Unha mensaxe de esperanza e de futuro. De poñer en valor o que somos.

O Consello da Cultura Galega acaba de colgar o vídeo no YouTube.