A lingua galega en estado de alarma

Hoxe cúmprense 10 anos do 1° recorte ao galego na historia da autonomía. Feijóo e os seus secuaces eliminaron medidas de protección e promoción do galego para promover o seu xa famoso «bilinguismo cordial».

Agora, 10 anos máis tarde e aínda baixo o seu mandato, o galego atópase nunha das peores situacións posibles, ata o punto de que o Consello Europeo ven de chamarlle á atención polo descenso do uso da nosa lingua e pola nefasta política linguística que está a seguir a Xunta de Galicia. Denuncia trabas internas na administración, na educación e na xustiza.

A porcentaxe de nenos/as que o falan é menor ca nunca, e o goberno de Feijóo continúa desprezando por completo a Lei de Normalización Lingüística que sinalaba o carácter «progresivo» da recuperación do uso do idioma.

O diario El País tildaba de paradoxa o feito de que o galego sobrevivise a 40 anos de ditadura, e sexa agora cando máis están fructificando os esforzos por destruír a nosa língua.

Como decía a canción de Dios Ke Te Crew: a lingua mantivémola calándolle ao cacique pero falándoa ao pé do lume.

Non lle podemos calar a estes caciques.