A democracia en tempos de Cambridge Analytica

Recentemente estreouse un documental en Netflix sobre o escándalo de Cambridge Analytica. Estou seguro de que todas escoitastes no seu momento falar do tema, pero facemos memoria: Cambridge Analytica(CA) era unha empresa con sede en Londres que se adicaba a facer propaganda electoral en función de datos de persoas. Fíxose mundialmente famosa cando saíu á luz o feito de que usaran información de milleiros de usuarios de Facebook (Información privada á que se supoñía que non deberían ter acceso) para facer campaña política a favor de Donald Trump e a favor do Brexit.

O documental, titulado “El Gran Hackeo” é tremendamente interesante -a pesar do pretencioso título-. Nel falan durante case 2 horas ex-empregados de Cambridge Analytica e sácase á luz moita información. Recoméndovos que o vexades. De feito, debería ser de obrigado visionado para ser conscientes de en qué mundo vivimos.

Un dos aspectos que me pareceu máis relevante é que o feito de traballar con Trump e no Brexit supoñía chegar a 1ª división, pero xa se fixeran moitos experimentos antes en outros países e en conflictos socio-políticos. Sobretodo en África, Europa do leste e o Sueste asiático.

Novas técnicas, vellos resultados

Fai uns días comentaba con 2 amigos que, na miña opinión, as técnicas son novas pola propia irrupción da tecnoloxía, pero o feito de que as élites máis poderosas tenten facer e desfacer gobernos ao seu antollo non me parecía nada novo, pois é exactamente o que levan facendo países como EEUU e Reino Unido dende de todo o S. XX.

Dacordo que hoxe teñen armas poderosas, como o feito de contar con unha inxente cantidade de datos de tódalas persoas, pois no documental afirman que CA tiña unhas 5000 entradas de información de cada usuaria. Pero fai décadas xente simpática como a da CIA e a do MI6 fartáronse de “facer desaparecer” candidatos ou gobernantes de según que países en según que continentes con importantes recursos naturais. Posiblemente, e por fortuna, hoxe penso que algo así cóstalle un pouco máis de traballo, e senón que llo pregunten a Bin Salmán. 😉

Por todo iso penso que o único que cambia é o xeito de facelo, pero non o obxetivo.

Trinidade e Tobago

A destacar do documental, o caso de Trinidade e Tobago, onde existen 2 principais partidos políticos que históricamante están moi igualados: un para os afrocaribeños e un para os indios. Neste caso, os clientes de CA eran os indios.

O que explican aquí é bastante inquietante, pois explican directamente cómo manipularon á poboación sen que eles fosen conscientes, para lograr os resultados que o que pagaba quería nas eleccións.

A súa proposta foi crear un movemento social que aglutinara a toda a xuventude, un movemento social chamado “Do So!” (“Faino”), e que incitaba a toda a xuventude a ir en contra dos políticos e a non votar con un discurso do estilo Non nos representan. Unha vez trazado o plan, ponse en marcha toda a maquinaria propagandística ata niveles que nin sospeitamos, e do que falaremos máis adiante, pero porto suposto, todo o mundo supoñía que este movemento aparecera de forma natural entre os máis novos.

Pero, ¿Cómo incitaban a toda a xuventude a non votar, se parte desa xuventude era india (os seus clientes) e estaba acollendo o movemento “Do So!” igual que os afrocaribeños? Pois porque dende o primeiro momento CA tivo en conta un aspecto cultural moi diferenciador: gran parte da xuventude india, aínda que aceptara públicamente o movemento “Do So!”, á hora da verdade sí iría a votar por obediencia á familia.

O resultado non puido ser máis satisfactorio (Para CA e os indios, claro): diferencia de participación abismal a favor da xuventude india, o que fixo que o partido indio gañase as eleccións con unha vantaxe importante.

Ministerio de propaganda

O método co que CA, ou calquera outra compañía, leva a cabo este tipo de accións é insertar na rede (Ou na sociedade en xeral) unha cantidade inxente información coa intención de conseguir os resultados que eles buscan. Se é en lugares onde teñen información dos usuarios, como por exemplo Facebook, todas esas publicacións son teledirixidas segundo o perfíl de cadaquén. Ademáis diso, no documental recoñecen como crean contido en masa e on insertan en absolutamente tódolos lugares posibles: redes sociais, foros, medios de comunicación, YouTube, crean memes, e un largo etcétera; e seguidamente deixan que se propague sen que ninguén saiba a súa autoría.

Por suposto, esto non o facía só CA nin outras empresas mediante canles tecnolóxicas. Coméntase no documental cómo o exército dos EEUU o fai por medios analóxicos en distintos países (normalmente antes ou despois de provocar alí unha guerra 🤷‍♂️). E falando tamén do exército dos EEUU, é de resaltar a estreita relacción que ten coa industria de Hollywood, onde para facer unha película bélica contas con todo o apoio e infraestuctura do exército se o guión é afín á liña que interesa nese momento. E así é como as nacionalidades dos inimigos nesas películas van cambiando segundo a época, e curiosamente rematan sendo precuelas ou contemporáneas a conflictos bélicos reais.

Para ver ata qué punto esta guerra da información é relevante, é curioso que posiblemente unha das figuras máis coñecidas do Terceiro Reich despois de Adolf Hitler sexa Joseph Goebbels, quen ostentaba nen máis nen menos que o título de Ministro de Propaganda.

Spain is not different

Por suposto, en España tamén recibimos todo tipo de elementos de propaganda política. Sen ir máis aló, VOX conta entre os seus asesores con Steve Bannon, xefe da campaña de Trump e nomeado varias veces no documental.

E sen lugar a dúbidas, este partido é o que mellor manexa a creación de crispación nos medios, esporeando de unha forma moi efectiva a votantes de dereitas e facendo medrar cada vez máis e máis a fenda que separa votantes de distintas ideoloxías.

Comentan no documental que un camiño para tomar o control de unha sociedade é rompela primeiro para recostruíla a medida.

Continuamente vemos nas redes sociais publicacións falsas, racistas, xenófobas, etc. Algunhas en medios totalmente descoñecidos, outras nalgúns máis coñecidos; pero por norma xeral non facemos o esforzo de analizar e, se procede, ignorar esa publicación. É máis sinxelo compralo se vai na nosa liña, ou crisparse se vai na liña contraria. Xustamente o que se pretendía.

¿E qué facemos para solucionalo?

Pois máis ca nunca, a solución é que a poboación teña cada vez máis sentido crítico, capacidade de análise e máis opinión propia formada de un xeito o máis obxetivo posible. O problema non está no Facebook (Que por suposto ten que tomar medidas, e os gobernos controlar que as tome), nin en compañías como Cambridge Analytica. Pois se dasaparecen, haberá outras no sitio mentres eses camiños sexa efectivos.

O problema está en que non saibamos que gran parte dos centos de estímulos de información que recibimos ó día non é información, senón tentativas de manipulación, ás veces totalmente dirixidas á nosa persoa. E non esperedes ningún tipo de principios por parte das canles nas que se retransmite, nin ningun tipo de control efectivo por parte dos gobernantes. Como noutras cousas importantes da vida, esto depende única e exclusivamente de cada unha de nós. Ás veces incluso con todo o noso entorno social totalmente integrado nesta rodiña do Hamster, é máis difícil e preciso que nunca saír desa rodiña e ver as cousas con perspectiva.

A pesar de que pode parecer desalentador, eu a verdade é que son optimista respecto a isto. Penso que todo é totalmente novo e chegou a unha velocidade que á xente lle custa adoptar, pero unha vez coñecido -e sufrido as súas consecuencias, que é como adoitamos aprender 😓- , teño a esperanza de que cada vez a poboación vaia sendo consciente de que nesta sociedade da información na que vivimos debemos ser totalmente selectivos e analíticos coa información que recibimos.

A pesar do bache no que creo que se atopa o periodismo, penso que se comeza a valorar cada vez máis o periodismo de calidade. Incluso é común ver que cada vez máis xente está disposta a pagar por consumir información dixital de calidade e todo o obxetiva que poida ser. Como debe ser. Pois, como se comenta no documental, os datos e a información xa pasaron a ser o ben con máis valor do mundo, por enriba de calquer outro.