Cúmprense 30 anos de Sempre Xonxa

KathrineSwitzer Caladiño. Fotograma de Sempre Xonxa

Fai 30 anos estreábase a primeira longametraxe pensada, escrita e feita en galego: Sempre Xonxa. Unha película que marcaría un fito que perdura ata os nosos dias, pois houbo que esperar ata o mes pasado para que outra película galega, O que arde, superase a Sempre Xonxa en espectadores.

A pesar dos atrancos financieiros que tivo, o equipo de Chano Piñeiro conseguiu sacar adiante unha película magnífica que aínda hoxe en día se estuda nos centros de formación.

Na web de Cultura Galega escribiron un completo artigo sobre a película: Sempre Xonxa: A vontade de construír cinema.

«Os universitarios traían a seus pais das aldeas para ver a película, e os institutos e os colexios levaban o alumado a vela.»

Se aínda non a vistes, recoméndovos ver esta xoia do cine galego. Van 30 anos e aínda non volvemos ver un personaxe tan entrañable coma Caladiño. 😃