¿Quen trae os agasallos en Europa?
Hoxe atopábame polas redes con unha imaxe que xa ten uns anos. Un mapa de Europa que indica quen é responsable de traer agasallos nestas datas de Nadal segundo a tradición ou cultura de cada lugar.

Imaxe orixinal do artigo do 2019 do ABC
Pareceume bonito ver esta mestura de tradicións e diversidade cultural que temos en Europa e púxenme a indagar un pouco en cada un dos protagonistas de cada país. O resultado é unha amalgama de ritos pagáns, figuras cristianas e readaptacións modernas.
Reis Magos
Baseada no relato bíblico do Evanxeo de Mateo parece que chegou a nós con moita máis nitidez ou concrección da que tiñan nun inicio. No Evanxeo non especifica nin cantos eran nin os seus nomes, de feito, nin sequera que fosen reis. Fálanos vagamente de uns magos que viñan de oriente, referíndose a palabra mago a algo distinto á maxia que coñecemos hoxe en día, mais ben a algo como unha casta de astrónomos ou sabios das estrelas.
Sí se fala dos tres agasallos: ouro, incenso e mirra. De ahí acabouse deducindo o de que fosen tres magos. Ao redor do século VI aparecen por primera vez os nomes de Melchor, Gaspar e Baltasar. Iconograficamente representan as 3 edades do home e, máis recentemente, dende o século XV, comézase a facer referencia ás tres partes do mundo coñecido: Europa, Asia e África.
Chegan en camelos dende Oriente a España e a parte de Portugal o 6 de xaneiro. Tamén ten moita tradición en Latinoamérica froito da herencia Española.
Sinterklaas / San Nicolás
É a figura que serviu de inspiración para o moderno Papá Noel pero con unha tradición real, moi antiga e profunda en Europa.
Está inspirado en San Nicolás de Bari (S. IV) bispo de Mira (Turquía). É o patrón dos mariñeiros.
Chega a Países Baixos, Flandes (Bélxica) e partes de Alemaña, pero atención á loxística que foi do que máis me sorprendeu: tradicionalmente neses lugares dise que chega en barco dende España.
Monta un cabalo branco chamado Amerigo e leva de compañeiro a Pedro el Negro.
Santa Claus / Papá Noel
É a versión máis estandarizada a nivel global, pero non é máis que unha mestura recente do folclore tradicional europeo con márketing americano. É a copia de Shein de San Nicolás.
Os inmigrantes holandeses levaron a tradición do Sinterklaas a Nova Ámsterdan (posteriormente renomeada como Nova York), e Sinterklaas derivou fonéticamente en Santa Claus. Fin da tradición.
No séculos XIX xa estaba estandarizada a súa imaxe tal e como é, e nos anos 30 globalizouse a todo o mundo da man de Coca-Cola.
Se non hai moito que falar do propio Papá Noel, sí de algún mito recente como o de que orixinalmente vestíase de cor verde e foi Coca-Cola quen o vestiu do vermello actual. Esto é falso, ou cando menos é unha verdade a medias. Xa no século XIX se vestía de vermello, e ten sentido xa que o vermello adoitaba ser a cor das vestiduras dos bispos e lembremos que o primixénio San Nicolás era bispo.
Pero como en moitos mitos, algo de certo hai no fondo, e é que antigamente no folclore inglés existía un personaxe chamado Father Christmas (Pai Nadal ou Avó do Nadal) que non repartía agasallos pero representaba o espíritu do Nadal. Vestía de verde con unha coroa de follas de hedra ou acivro. Co tempo acabouse fusionando co San Nicolás e quedouse coas vestimentas vermellas. Esta especie de ramificación europea da evolución de San Nicolás aínda é o encargado dos agasallos nalgúns países do norte de Europa.
O que sí fixo a campaña de globalización de Coca-Cola foi estandarizar a imaxe de ese avó risueño e un pouco gordo.
Chega nun trineo voador tirado por renos (Rudolph y compañía) a parte de Europa occidental, a norteamérica e a gran parte do mundo por influencia e márketing o 25 de decembro.
A Bruxa Befana
Ten a imaxe icónica que coñecemos de unha bruxa, pero é unha figura afable e entrañable do Nadal italiano. ¿Pero de onde sae unha bruxa random levando agasallos por Italia?
Pois ten que ver cos nosos Reis Magos. Cando ían camiño a Belén parece ser que se perderon e pararon xunto a Befana a perdille orientación. Ela díxolle por onde tiñan que ir, pero a pesar de que eles lle pediron que os acompañase, ela negouse porque tiña tarefas domésticas que facer. Barrer, concretamente, Coa vasoira que a acompaña.
Arrepentida, un pouco máis tarde saíu na busca dos Reis Magos para axudalos, con doces, pero nunca máis os atopou. Dende aquela anda por todas as casas levando agasallos e doces esperando atopar nunha de elas ao neno Xesús.
Viaxa voando por Italia na sua escoba e entra polas chemineas o 6 de xaneiro. Tamén barre a casa para barrer así os problemas do ano anterior no traspaso ao ano novo.
Christkind / O Neno Xesús
Este posiblemente sexa o segundo invento marketiniano máis cutre desta listaxe despois de Papá Noel, bastante recente e con intencións puramente teolóxicas.
Durante a reforma protestante (S. XV - XVI) Martín Lutero quería acabar con todo tipo de veneración a santos (Como o propio San Nicolás) e redirixir a atención únicamente a Cristo, así que creou esta figura a medida que sería a encargada de repartir os agasallos do Nadal.
É un neno con cabelo dourado e aspecto anxelical que deixa os agasallos o 24 de decembro sin que nadie o vexa en Austria, Suiza, República Checa, Hungría e Alemaña. Nesta última, curiosamente con máis arraigo hoxe en día na zona sur, católica, que na Alemaña do norte, un pouco máis protestante.
Ded Moroz / O avó do frío ou das neves
É un mago invernal que viste una abrigo azul longo ata os pés. Vai sempre acompañado da súa neta Snegúrochka. Orixinalmente era unha deidade eslava que personificaba a forza da natureza e que viaxaba por bosques e campos provocando xeadas co seu bastón.
Tras a Revolución Rusa de 1917 o Nadal foi prohibido. En 1935, Stalin rehabilitou a Ded Moroz como figura secular para celebrar el Ano Novo desvinculándoo da relixión.
Viaxa nunha troika (un trineo tirado por tres cabalos) co seu bastón máxico e o 31 de decembro leva agasallos por Rusia, Ucrania, Bielorrusia e outros países ex-soviéticos.
Joulupukki / A cabra do Nadal
Ten unha forte orixe pagana e ancestral. Provén dos Nuuttipukki, homes que se vestían con peles e cornos de cabra para pedir sobras e asustar espíritus.
Hoxe en día deturpouse e represéntase co mesmo aspecto que o Papá Noel e vive en Rovaniemi, onde por un asequible voo de Ryanair podes ir a vivir el espíritu de la navidad, case ao nivel das Luces de Vigo. Curiosamente hoxe en día parece que, polo menos en Europa, Rovaniemi vai sustituíndo o orixinario Polo Norte como residencia de Papá Noel, a pesar de que era algo localizado do Joulupukki. É moi peculiar como a cultura -e o marketing- van mesturando hábitos e tradicións facéndonos perder a veces as trazas orixinarias das mesmas.
Polo menos aínda se conserva o nome orixinal.
O Joulupukki entra nas casas de Finlandia pola porta en lugar de polas chemineas.
Tomte / Nisse / Gnomos ou duendes
Espíritus domésticos invisibles que coidan o gando e a granxa en xeral. Polo xeral son bos pero temperamentais, se non lle deixas un plato con gachas e manteiga en Noiteboa cabreanse e poden esconder cousas ou incluso matar algún animal doméstico, así que mellor non andarlle coas cosquillas.
Teñen o aspecto de gnomo ou duende que coñecemos actualmente, de baixa estatura barba longa e gorro vermello. Foi no século XIX cando a ilustración romántica os transformou es espíritus protectores e repartidores de agasallos con un rol parecido ao de San Nicolás
Reparten agasallos nos en países como Noruega, Suecia e Islandia.
San Basilio
San Basilio o Grande foi un bispo do século IV coñecido pola súa extrema caridade e austeridade. O 1 de xaneiro reparte agasallos na Grecia ortodoxa e en Chipre.